Fai uns anos o noso blog comezou a súa andadura e medrou ao mesmo tempo ca os nenos que aparecían nel. Publicáronse no seu interior as nosas vivencias conxuntas, axudounos a aprender os contidos e como non, a vernos fotografados nos diferentes momentos vividos.
Tivo o seu momento álxido co premio recibido polo Concello e agora, tócalle pechar as súas páxinas. A autora do mesmo quere agradecer as visitas de todos aqueles que disfrutaron vendo as súas páxinas e lembrar esta frase célebre:”Enseñar sen soñar é como facer arte sen creatividade” A beira de todos vós foi factible seguila.
A partir de agora a miña vida cambia de escenario e sempre lembrarei os momentos compartidos xuntos.
 Grazas a todos e desde aquí animarvos a seguir aprendendo e a loitar e soñar para acadar as metas propostas.
Unha aperta: Loli