Mostrando entradas con la etiqueta Linguas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Linguas. Mostrar todas las entradas

LINGUA GALEGA

Acabamos o tema 14: "Textos para non esquecer" e agora toca afianzar os seguintes contidos:

  • O taboleiro de anuncios.
  • Vocabulario do parque acuático.
  • Os adverbios.
  • Grupos consonánticos (pt,pc)

LINGUA GALEGA

Rematado o Tema 13: "Personaxes clásicos", toca repasar contidos:
  • O retrato.
  • Vocabulario: de viaxe.
  • Castelanismos.
  • Modos verbais.
  • Palabras con "ll" e con "i".

LINGUA GALEGA

Chegando xa ó 17 de Maio; e como cada ano, festexamos o gran día da nosa lingua: "O DÍA DAS LETRAS GALEGAS". Comezámolo a celebrar en 1963, coincidindo co centenario da publicación de "Cantares galegos" por parte de Rosalía de Castro.
Este ano o día está adicado o mestre e escritor pontevedrés, XOSE FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE.
Aquí deixamos algún enlace para que coñezades un pouco mais sobre a vida e obra do autor.











LINGUA GALEGA

Toca afianzar os seguintes contidos do tema 12: "A miña terra":
  • Repetición e anáfora.
  • Vocabulario da beiramar.
  • Desinencias.
  • Palabras con "h".

Talleres multimedia da comunicación

Durante tres días, os alumnos de 5º participamos nun programa de prensa escrita, elaboracións de blogs e programa de radio. O obxectivo é fomentar espíritu crítico e adquirir habilidades comunicativas. Toda unha experiencia moi gratificante e da que damos conta nesta entrada.











.


DÍA DO LIBRO

Hoxe 23 de Abril celébrase o día do libro; aproveitando esta data, CASCARILLA (un trasno da biblioteca), agasállanos cos novos carnés para utilizar nela.
Esperemos que o usedes moito e desde aquí animámovos a ler pois como sabedes...


"A lectura perxudica gravemente á ignorancia"

LINGUA GALEGA

Rematado o tema 11: "Un pouco de historia", toca afondar nos contidos:

  • Vocabulario: na montaña.
  • Palabras compostas.
  • Pronome persoal átono.
  • Palabras con "x".

LINGUA GALEGA

Rematando o tema 10: "Un conto sen final", repasamos os contidos tratados:

  • O desenlace
  • Vocabulario do cine
  • Xentilicios
  • Pronomes persoais
  • Palabras con "v"

LINGUA GALEGA

Rematado o tema 9: " Hai centos de anos", toca repasar os contidos:
  • O nó.
  • Palabras primitivas e derivadas.
  • Os graos do adxetivo.
  • Palabras con "b".

OS NOSOS CONTOS

Aprendendo sobre as distintas partes dos contos:

  • introducción

  • desenlace

o noso alumnado, que é moi contista, animouse a crear os seus propios e velaí van...

LINGUA GALEGA

Para repasar o tema 8: "Historias de comedor", deixamos este enlace. Os contidos tratados foron:

  • O conto.
  • Sufixos.
  • Vocabulario do comedor.
  • Determinantes numerais e indefinidos.
  • Guión e palabras con nh.
Resultado de imaxes para lingua galega

DETERMINANTES

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/palabras/determinantes.html

LINGUA GALEGA

Como estamos  rematando o tema 7 : Quen cho contou?, toca dar un pequeno repaso aos contidos:

  • Vocabulario do ximnasio.
  • Prefixos.
  • Demostrativos e posesivos.
  • A coma e o punto e coma.

LINGUA GALEGA

Rematamos o tema 6: "Con ton e son",  os contidos tratados foron:

  • No centro de saúde.
  • Lexemas e morfemas.
  • Os artigos.
  • O punto e as miúsculas.
Deixamos o seguinte enlace como repaso.


LINGUA GALEGA

Estamos a rematar o tema 5 de lingua galega "Tempo de nadal". Os contidos tratados foron:
  • Vocabulario sobre o fogar.
  • Palabras homófonas e homógrafas.
  • O xénero e o número.
  • O acento diacrítico.
Podedes repasar no seguinte enlace.